| Miro Casabella. Cantiga de escarnio |
 |
Miro Casabella interpreta umha cantiga de
escárnio galego-portuguesa do século XIII.
O seu significado no contexto das
mobilizaçons da Galiza anti-franquista de
finais do anos sessenta e começos dos
setenta, actualizava e mudava o seu
significado ao de cançom de rebeldia e de
afirmaçom nacional galega e
internacionalista.
As "Voces Ceibes" galegas sempre estiveram
vinculadas a outras vozes antifascistas de
diferentes naçons, como as de José Afonso,
Raimon, Paco Ibáñez, José Mário Branco,
Lluís Llach, Elisa Serna, Julia León, Pablo
Guerrero, Imanol Larzábal, Adolfo Celdrán,
Juanele...
O genete
pois remete
seu alfaraz corredor:
estremece
e esmorece
o coteife con pavor.
Vi coteifes orpelados
estar mui mal espantados,
e genetes trosquiados
corrian-nos arredor;
tiinhan-nos mal aficados,
[ca] perdian-na color.
Vi coteifes de gran brio
eno meio do estio
estar tremendo sen frio
ant' os mouros d' Azamor;
e ia-se deles rio
que Auguadalquivir maior.
Vi eu de coteifes azes
con infanções [s]iguazes
mui peores ca rapazes;
e ouveron tal pavor,
que os seus panos d' arrazes
tornaron doutra color.
Vi coteifes con arminhos,
conhecedores de vinhos,
que rapazes dos martinhos,
que non tragian senhor,
sairon aos mesquinhos,
fezeron todo peor.
Vi coteifes e cochões
con mui [mais] longos granhões
que as barvas dos cabrões:
ao son do atambor
os deitavan dos arções
ant' os pees de seu senhor.
Afonso X
[Cuido que tinham bem mais medo os
repressores do que os reprimidos ao verem aos
estudantes e aos trabalhadores da Galiza
juntos contestando o "Régimen" (para quando
umha grande comemoraçom do Banquete de
Conxo?) depois, infelizmente, demostrou-se
que pouco tinham que temer esses
repressores.] Tags : Miro Casabella Voces Ceibes Galiza (GZ) Cantiga de escarnio maio 68 Compostela |
|
Affichage : 212
Durée : 155 s |
| Miro Casabella. Os Irmandinhos |
 |
Os IrmadiÑos. Miro Casabella. Treboada
(1977)
OS IRMANDIÑOS
Polas vagoadas de Lemos van dez mil homes
ó mando do de Lanzós, camiño da morte,
rompéndo o xugo de ferro do feudalismo
Van dez mil homes,
veñen de lonxe,
os irmandiños, os irmandiños.
Saliron das Rias Baixas, de Lugo e Coruña;
pasaron terras do Tambre, do Sil, do Ulla;
beberon nas augas santas do rio Miño
Camiñan cara
de Ponferrada,
os irmandiños, os irmandiños.
Galicia polo seu paso volve a ser ceibe
dos montes brancos do Bierzo [va[i]se
vê-se?] xa a neve
Os irmandiños avanzan polos camiños
tran pa Galiza
paz e xusticia,
os irmandiños, os irmandiños.
Cabalo lévame xunto ó Conde de Lemos.
O sangue deste tirano que verter temos,
Dádeme un bolo de pan e un pouco de viño"
Así falaban
cando pasaban
os irmandiños, os irmandiños.
Alonso Lanzós cabalga con dez mil homes
irmaos contra a tirania, irmaos na morte.
Morreron onde se morren toxos e espiños
Ceibes agora
no ceo folgan
os irmandiños, os irmandiños.
Na Terra Chá, no Caurel. na Serra de Meira;
nas noites craras de Xuño. nas carballeiras,
escóitanse como cantos de pelengrinos.
mais non son cantos.
que son os pasos
dos irmandiños, dos irmandiños.
POPULAR (ghastaspista.com) Tags : Miro Casabella Irmandinhos IrmadiÑos Galiza |
|
Affichage : 50
Durée : 301 s |
| Miro Casabella - Olla meu irmán |
 |
Canción do cantautor galego Miro Casabella,
"Olla meu irmán", interpretada en directo
Olla meu irmao honrado
o que contece con Daniel,
os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.
O palurdo de alma lerda
o tendeiro desertor,
o vinculeiro da merda
disfrazado de señor.
O lurdo carca refrito
o monifate de antroido,
o aprendiz de señorito
Marqués de Quero e non poido.
O badoco endomingado
o xoglar moi pousafol,
o forricas desleigado
o pequeno burgués mol.
O devoto do onanismo
o feligrés de pesebre,
o tolleito de cinismo
o que da gato por lebre.
O rateiro de peirao
o refurgallo incivil,
valense de ti irmao
para esconder a casta vil.
Escoita puto nefando
criado na sevidume,
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.
Grotesco escriva sandeu
inxertado nun raposo,
Daniel nunca foi teu
porque Daniel é noso.
E anque a ti che importe un pito
saberás, que é cousa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.
(Celso Emilio Ferreiro) Tags : miro casabella olla meu irman ti galiza galicia galego cantautor musica |
|
Affichage : 931
Durée : 98 s |
| Casabella - "Che Cosé'l'Amore |
 |
Casabella live at Tommy Flynn's, Camden,
London, UK, 12th September, 2008. Band
line-up: Sam-vocals, Gianni-vocals & guitar,
Michael-keys, Thierry-drums, Kim-congas,
Winton-bass, Jivana-trumpet, Fergy-percussion Tags : Casabella Latin Fusion World Music Ska Afro Beat Camden London England |
|
Affichage : 264
Durée : 232 s |
|
|
|
|
|